Sunday 12 de May de 2024

O Concello dará axudas de 200 euros para sufragar os gastos da compra de EPIS ao comercio e hostalaría local


Poderán solicitar esta subvención todos aqueles establecementos que tiveron que cesar a súa actividade debido á crise sanitaria

O Concello de Camariñas lanzará nas próximas semanas unha liña de axudas destinada a sufragar os gastos na compra de Equipos de Protección Individual (EPIS) que están a ter que asumir a hostalaría e o comercio local na reapertura dos seus negocios.
Esta medida decidiuse onte, sábado 16 de maio, na primeira reunión presencial que mantén o goberno local do Concello de Camariñas desde a declaración do Estado de Alarma e na que se seguiron estritamente as medidas de protección e distanciamento social requiridas.
Poderán solicitar esta subvención todos aqueles establecementos que tiveron que cesar a súa actividade debido á crise sanitaria orixinada pola expansión da COVID-19. Os que o fagan recibirán unha cota fixa de 200 euros para tentar paliar os custos que está a supoñer a adaptación dos seus locais para tomar as medidas de protección necesarias ante o Coronavirus.
A alcaldesa, Sandra Insua, explicou ao remate da reunión que “o Concello fará un gran esforzo económico porque cremos que é totalmente imprescindible estar ao carón dos nosos autónomos e empresarios durante a díficil reapertura dos seus negocios” e anunciou que “nas próximas semanas se farán públicas as bases para poder optar a estas axudas”.